Samos ofrecerá clases de ioga na antiga biblioteca a partir do 17 de outubro

O concello de Samos contará cun novo espazo de benestar a partir do vindeiro 17 de outubro, cando darán comezo as clases de ioga na Antiga Biblioteca da localidade. As sesións, dirixidas por Raquel Rodríguez, celebraranse todos os venres en horario de 19:00 a 20:00 horas.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través do número de teléfono que figura no cartaz informativo. Ademais, como incentivo inicial, a primeira clase será totalmente gratuíta para que os asistentes poidan coñecer a actividade antes de comprometerse.
Esta proposta busca fomentar hábitos saudables e ofrecer unha alternativa de lecer activo e relaxación para a veciñanza de Samos.