Samos organiza actividades para promocionar o Xacobeo
O Concello de Samos organiza o vindeiro 8 de agosto unhas actividades no camiño e promoción do Xacobeo 2021-2022. Así pois, a praza de España de Samos acollerá unha serie de actividades e de espectáculos co fin de promocionar este ano o Xacobeo nunha das vilas polas que pasa o Camiño de Santiago.
A xornada comezará ás 11 horas coa actuación dunha charanga musical, que estará ata as 13 horas. Cando remate, será o turno do pregón, que estará a cargo de Luis Celeiro Álvarez, xornalista e doutor en Socioloxía e Ciencia Política.
A continuación, ás 13.30 horas actuará o grupo musical A Quenlla, grupo de música tradicional galega, que cantará diferentes cantigas do trobador Martín de Padrozelos. A actuación terá unha duración dunha hora aproximadamente.
Así pois, dende o Concello informan que haberá servizo de pulpería durante a xornada e que, por protocolo covid, o aforo será limitado. Así pois, a entrada é de balde solicitandoa por correo electrónico ao enderezo concello.samos@gmail.com; con nome, apelidos, teléfono e nome do evento o que se desexa asistir.