Samos organiza un obradoiro de ‘showcooking’ o vindeiro 23 de novembro
Organízase un obradoiro de ‘showcooking’ o vindeiro 23 de outubro en Samos con Belén López, unha talentosa chef e xefa de cociña do cátering de Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Roda Food e a Fundación Ramón González Ferreiro.
A partir das 17.00 horas desenvolverase no Restaurante Albaroque de Samos cun evento de cociña de outono para coñecer receitas inspiradas nos sabores e produtos desta estación acolledora.
“Non só gozarás dunha experiencia de cociña inmersiva, senón que tamén poderás levar a casa novas técnicas e trucos para impresionar na túa cociña”, explican.
Para asegurar a súa praza, hai que anotarse enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 620 789 835. Este evento enmárcase na campaña QR Samos, organizada polo Concello de Samos, co fin de promover a rica cultura gastronómica da comarca.