Samos presenta a mostra itinerante No Camiño

SarriaXa
Foi presentada no Concello de Samos a mostra itinerante No Camiño, co subtítulo As imaxes que viron os peregrinos.
exposicion camino santigo 1
3 sep 2021

Foi presentada no Concello de Samos a mostra itinerante No Camiño, que co subtítulo As imaxes que viron os peregrinos recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte.

A exposición reflicte escenas, paisaxes e xentes do Camiño que puideron ver os peregrinos no decurso do tempo a través de antigas fotografías de fotógrafos de sona ou anónima, que representan un caleidoscopio vital do Camiño no último século.

A mostra está composta por dez paneis dobles, e cada semana ata finais de octubre visitará dúas localidades da provincia situadas nos Camiños Francés, do Norte ou Primitivo.

exposicion camino santigo
0.20920300483704