Samos presentará este verán dous libros sobre Martín de Pedrozelos
Samos presentará dous libros pequenos de Martín de Pedrozelos, o trobador do século XIII que varios investigadores relacionan coa parroquia de San Xoán de Lóuzara en Samos. A pesares de que a edición xa está feita, a presentación dos libros e do trobador será no verán a causa da actual situación sanitaria. Así mesmo, tamén se poderá disfrutar da actuación do grupo A Quenlla, que cantará as cantigas do trobador. Este grupo pretende dinamizar a cultura galega e, máis especialmente, a súa música.
Ademais, o Concello espera realizar, o segundo domingo de agosto, a feira de turismo no centro de samos na que contará con actuacións culturais e con mercadillo, entre outras. Xunto a esta actividade, tamén pretende realizar, o 19 de agosto, a Feira da Ponte de Lóuzara, a tradicional feira de artesanía que se levará a cabo nun souto, onde se celebraba antigamente a feira de Lóuzara. Sen embargo, aínda non hai nada confirmado xa que a celebración destos eventos dependerá da situación sanitaria na que nos atopemos.