Samos reabre a súa Oficina de Turismo para ofrecer unha atención personalizada durante o verán

SarriaXa
A reapertura reforza a atención ao visitante nun dos períodos de maior afluencia turística do ano, facilitando o acceso á información sobre recursos patrimoniais
Oficina-turismo-Samos
21 Jun 2025

Coa chegada do verán e o incremento de visitantes ao municipio, o Concello de Samos reabre a súa Oficina de Turismo, un espazo fundamental para ofrecer información e orientación tanto a turistas como a peregrinos que escollen este enclave do Camiño de Santiago.

A oficina permanecerá aberta de martes a sábado en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 horas, e tamén polas tardes, de 16:30 a 18:00 horas. Os domingos, atenderá ao público entre as 11:00 e as 13:30 horas. Como é habitual, os luns, as tardes dos domingos e os días festivos a oficina permanecerá pechada.

A reapertura responde á vontade do Concello de reforzar a atención ao visitante nun dos períodos de maior afluencia turística do ano, facilitando o acceso á información sobre recursos patrimoniais, naturais e culturais, así como ás rutas e servizos locais.

Samos, recoñecido polo seu impresionante mosteiro beneditino e o seu val paisaxístico, continúa consolidándose como unha das paradas máis emblemáticas do Camiño Francés.

⚙ Configurar cookies
0.16310787200928