Samos volve contar cunha oficina de turismo para os visitantes

SarriaXa
Samos volve contar cunha oficina de turismo para os visitantes na Capela do Ciprés, xunto ao mosteiro de San Xulián
Oficina turismo Samos
4 Aug 2023

O Concello de Samos vén de abrir a súa oficina de información turística na Capela do Ciprés para todos os turistas, visitantes, peregrinos e interesados en coñecer máis do municipio de Samos á súa chegada a el.

Alí, pódese consultar co técnico de Turismo todo as persoas necesiten saber sobre o Concello: que visitar, onde comer, onde aloxarse, rutas, miradoiros etc...

Ademais, pódese ver as diversas alternativas turísticas que hai no noso Concello escaneando o código QR que atoparás na Oficina de Información Turística ou na porta do Concello.

Desde o goberno local defenden que “é importante para un concello como o de Samos ter unha oficina de turismo aberta polo menos durante o verán para poder promocionar o Camiño e o resto de atractivos turísticos e coñecer por dalos a coñecer”.

0.14483690261841