Samuel Moreno levará a maxia a Paradela no día dos Reis Magos

SarriaXa
O colectivo Mulleres de Paradela organiza unha Cabalgata de Reis Magos con diversas actividades
Samuel-Moreno-mago
19 Dec 2024

O próximo 6 de xaneiro, a maxia dos Reis Magos asolagará as rúas de Paradela cunha cabalgata organizada polas colectivo Mulleres de Paradela.

O evento comezará ás 17.00 horas, coa saída desde o mercado gandeiro e un percorrido polo pobo, que permitirá a pequenos e maiores gozar da ilusión desta data tan especial.

Ao finalizar o percorrido, o centro sociocultural acollerá unha actuación do mago Samuel Moreno, que promete sorprender a todos os asistentes co seu talento e trucos. Ademais, realizarase a entrega de agasallos e haberá unha chocolatada para que as familias compartan este momento entrañable.

0.14903688430786