San Cristobo de Lóuzara, en Samos, celebrará a súa festa na honra á Virxe das Candelas

SarriaXa
A organización convida a veciños e visitantes a participar nesta xornada festiva e a dar comezo ao ano co mellor ambiente
San-Cristobo-de-Lóuzara-Samos-Carlos-Rueda
Imaxe cedida por Carlos Rueda
21 Jan 2025

O próximo sábado, 1 de febreiro, a parroquia de San Cristobo de Lóuzara, en Samos, celebrará a súa festa na honra á Virxe das Candelas cun programa cheo de actividades para gozar.

Os actos darán comezo ás 19.30 horas cunha misa solemne. A continuación, todos os asistentes poderán desfrutar dunha gran pancetada, perfecta para combater o frío e compartir momentos en comunidade.

Para pechar a xornada, a festa continuará cunha animada verbena, que estará amenizada pola recoñecida solista Sisi Jiménez, quen promete música e diversión ata que o corpo aguante.

A organización convida a veciños e visitantes a participar nesta xornada festiva e a dar comezo ao ano co mellor ambiente.

0.15723991394043