San Pedro do Incio celebra as súas festas cunha gran verbena popular o 28 de xuño

SarriaXa
A celebración contará cunha verbena popular que promete animar á veciñanza e visitantes con música e moi bo ambiente, grazas á presenza de Dj La Sincereza
San-Pedro-do-Incio
25 Jun 2025

A parroquia de San Pedro do Incio prepárase para vivir unha noite chea de festa, música e bo ambiente coas Grandes Festas de San Pedro, que se celebrarán o sábado 28 de xuño a partir das 21:00 horas, no lugar da igrexa de San Pedro, na Palleira.

A celebración contará cunha verbena popular que promete animar á veciñanza e visitantes con música e moi bo ambiente, grazas á presenza de Dj La Sincereza, coñecida pola súa proposta festiva como “Pinchacumbias”.

O evento está organizado pola comunidade local coa intención de dinamizar a vida social e festiva da parroquia, cunha cita pensada para todos os públicos e que convida a gozar dunha noite de verán ao aire libre, nun entorno natural privilexiado.

⚙ Configurar cookies
0.15562510490417