San Salvador de Toldaos celebra as súas festas na honra ao Corpus Christi

A parroquia de San Salvador de Toldaos, no Concello de Triacastela, prepárase para vivir con intensidade as súas tradicionais festas na honra ao Corpus Christi os días 13 e 14 de xuño. O programa combina gastronomía, música e actos relixiosos.
O venres 13 de xuño arrancará a celebración cunha pancetada popular ás 22:00 horas, á que seguirá unha animada verbena a cargo da coñecida orquestra La Oca Band, que traerá á parroquia o seu espectáculo musical cheo de ritmo e diversión.
O sábado 14 de xuño será o día grande, que comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión. A continuación, celebrarase a sesión vermú amenizada polo Grupo Pekados, que tamén será o encargado de poñer música á verbena nocturna.
Un ano máis, San Salvador de Toldaos converterase nun punto de encontro para veciños e visitantes que desexen gozar dun ambiente festivo e tradicional no corazón da montaña lucense.