San Xoán de Lóuzara acollerá o III Campionato de Tute os días 28 e 29 de marzo

SarriaXa
Este evento, que se ten convertido nunha cita destacada para os amantes deste tradicional xogo de cartas, contará con atractivos premios e un ambiente festivo
campionato-tute-quiroga
15 Feb 2025

San Xoán de Lóuzara, en Samos, prepárase para celebrar o III Campionato de Tute, que terá lugar os días 28 e 29 de marzo de 2025 na Parrillada Paredes de Lóuzara.

Este evento, que se ten convertido nunha cita destacada para os amantes deste tradicional xogo de cartas, contará con atractivos premios e un ambiente festivo.

Os premios para os gañadores do III Campionato de Tute inclúen trofeos, unha paleta, produtos ibéricos e un lote de viño para o primeiro posto; trofeos, un lote de ibéricos e un lote de viño para o segundo; trofeos e dúas botellas de whisky para o terceiro; e trofeos xunto cun lote de viño para o cuarto clasificado.

A inscrición ten un custo de 20 euros por parella, e as persoas interesadas en participar poden contactar coa organización a través dos teléfonos 659 837 499 (Paredes) ou 680 124 201 (Patricia).

Ademais do campionato, os asistentes poderán gozar dun servizo de pulpería, o que fará desta cita unha gran ocasión para combinar competición e gastronomía.

0.1607518196106