Sanidade eleva as restricións de Sarria ao nivel alto de alerta
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na reunión esxtraordinaria mantida esta mañá, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria.
Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; co brusco aumento de 16 casos nunha xornada, o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións co ánimo de reducir o índice de casos activos.
Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.