Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid supera de novo a barreira dos 200 casos tras sumar 13 casos máis (cando onte eran 4) mentres continúan activos os gromos en Sarria e Lugo.
Así, a provincia amanece este martes de novo con 206 casos activos. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 19 casos novos (onte foron 10 e o día anterior 13), e as altas chegaron ás 12.817, (7 máis que onte).
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.244 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve subir ata 5 persoas ingresadas. No Hula hai 2 na UCI e 3 en planta (2 máis), e Monforte volve quedar sen enfermos.
O Comité clínico acordou manter a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.
POR COMARCAS
Sarria e Lugo seguen cos gromos activos e sumando positivos. Na capital non lograron compensar nesta ocasión coas altas. Malia que a situación segue estable os concellos de Taboada, Quiroga teñen unha alta incidencia. Vilalba está en alerta por un pequeno gromo na gardería Galiña Azul.
A Mariña
- O Vicedo reduce a incidencia a unha semana.
- Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo.
- Trabada, Cervo e A Pontenova fai unha semana que non teñen contaxios novos.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Xove.
Terra Chá
- Cospeito, Friol, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Vilalba teñen casos pero con baixa incidencia. No último caso trátase de casos vinculados á gardería. Únese Meira de novo.
- Guitiriz e Pol levan unha semana sen casos novos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade, Abadín, Begonte e As Pontes.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo soben a 68 (3 máis).
- Castroverde baixa a 1 positivos (1 menos) pero segue con incidencia baixa na última semana.
- Palas ten positivos pero con baixa incidencia.
- Monterroso, Portomarín, Guntín e O Corgo levan unha semana sen casos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.
Comarca de Sarria
- O gromo en Sarria segue subindo. Xa son 36 positivos (3 máis), co concello en alerta alta e cun resultado negativo en todos os test do cribado realizado.
- Láncara volve ter contaxios.
- Samos, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Quiroga e Taboada teñen elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
- Monforte ten casos pero con baixa incidencia.
- Chantada segue con dez contaxios e baixa incidencia.
- Folgoso do Courel leva xa unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón.