Santalla de Alfoz celebra unha gran foliada nas festas na honra a San Adriano

SarriaXa
A xornada festiva será o 6 de setembro en Triacastela con procesión, misa solemne, música, baile, cea campestre e verbenas
Duo-de-Festa
Dúo Son de Festa
27 Aug 2025

A parroquia de Santalla de Alfoz, no concello de Triacastela, acollerá o sábado 6 de setembro unha gran foliada e xornada festiva con motivo das celebracións na honra a San Adriano.

A programación comezará ás 12:30 horas cunha procesión desde a igrexa parroquial ata o campo da festa, seguida dunha misa solemne ás 13:00 horas. A continuación, terá lugar a sesión vermú amenizada polo Dúo Son de Festa.

Pola tarde, ás 18:00 horas, os máis pequenos poderán gozar coa visita da Furgoteca, e media hora máis tarde, ás 18:30 horas, será a quenda dunha exhibición de baile a cargo da academia Magie Dance.

A cea campestre está prevista para as 21:30 horas, mentres que a partir das 23:00 horas dará comezo a festa rachada, que contará coa música do Dúo Son de Festa e do Dúo Supercombo, encargados de pechar unha intensa xornada de celebracións.

⚙ Configurar cookies
0.12414407730103