Santalla de Lagos celebra as súas festas na honra á Virxe do Rosario

SarriaXa
A cita terá lugar os días 4 e 5 de outubro con churrascada, misa, sesión vermú e música do Dúo Sonidos
fogos-artificiais-festas
2 Oct 2025

A parroquia de Santalla de Lagos, no concello de Láncara, acollerá os días 4 e 5 de outubro de 2025 as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Rosario.

O sábado 4, terá lugar unha churrascada popular que estará amenizada polo grupo Dúo Sonidos. O prezo da cea será de 25 euros e é necesario reservar antes do día 2 de outubro a través de Alberto Armada (tel. 686 38 45 07).

O programa continuará o domingo 5 cunha misa ás 13:00 horas e a posterior sesión vermú, tamén animada polo Dúo Sonidos, que volverá poñer a música e o bo ambiente nesta cita festiva.

⚙ Configurar cookies
0.11733722686768