Santalla de Lóuzara prepárase para a súa gran Festa da Auga na honra a San Roque

Este sábado 16 de agosto de 2025, Santalla de Lóuzara celebrará a súa tradicional Festa da Auga na honra a San Roque, unha cita que promete diversión, música e bo ambiente para veciños e visitantes.
A partir das 14:00 horas terá lugar a sesión vermú, amenizada por un grupo de música tradicional. Xa pola tarde, ás 18:30 horas, a festa continuará coa actuación dos Festicultores Troupe – Cultivadores de Festas, que traerán a súa habitual enerxía e espectáculo.
A xornada rematará pola noite cunha verbena a cargo dun DJ, que fará bailar ao público ata ben entrada a madrugada. A organización anima a todos a achegarse con merenda para compartir unha celebración marcada pola convivencia e a alegría.