Santiago de Cedrón, en Láncara, celebra as súas festas patronais na honra a San Ramón

SarriaXa
A parroquia de Santiago de Cedrón, no municipio de Láncara, celebra as súas festas patronais na honra a San Ramón
festas lancara portada
29 Ago 2022

A parroquia de Santiago de Cedrón está en festas os días 30, 31 e 1 de setembro.

O martes 30 terá lugar unha verbena, churrascada e queimada amenizada polo dúa Explosión. O mércores 31 os asistentes poderán acudir á misa solemne das 13.00 horas coa procesión e posterior sesión vermú amenizada polo grupo JB Son. Xa pola noite, haberá festa e verbena co grupo JB Son e a orquestra Fuego.

Por último, o xoves día 1 haberá misa solemne ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú a cargo do grupo Amazonas e pola noite actuará o mesmo grupo acompañado pola orquestra Paris de Noia.

festas lancara
0.16145896911621