Santy López presenta o seu libro 'Vida de amor e enfermidade' en Sarria

SarriaXa
A obra recompila preto de 200 fotografías que documentan catro anos de loita contra o cancro
Santy-López-Vida-amor-e-enfermidade-Sarria
9 Jan 2026

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na presentación do libro de fotografía 'Vida de amor e enfermidade', unha obra do fotoxornalista sarriao Santy López editada coa colaboración da Vicepresidencia provincial.

O acto celebrouse na Casa da Cultura de Sarria e reuniu, ademais do autor, a Marica Campo, Margarita Ledo Andión e Manuel Darriba, responsables dos textos que acompañan a publicación.

O libro recolle preto de 200 imaxes coas que Santy López documenta catro anos de tratamento tras ser diagnosticado de cancro no ano 2020. A través da fotografía, a obra constrúe un relato íntimo e visual no que se mesturan a enfermidade, o paso do tempo e a experiencia vital do autor, ofrecendo unha mirada persoal sobre o proceso de loita e resistencia.

⚙ Configurar cookies
0.08518385887146