Sarria abre a piscina climatizada o sábado

SarriaXa
O sábado 9 de outubro abre a piscina climatizada na vila de Sarria. Desta maneira, esta fin de semana hai unha xornada de portas abertas.
auga piscina
7 Out 2021

O vindeiro sábado 9 de outubro abre a piscina climatizada na vila de Sarria. Desta maneira, o Concello ofrece esta fin de semana unha xornada de portas abertas, con límite de aforo a causa da actual situación sanitaria da covid19.

Os horarios o sábado 9 serán de 10 a 13.30 e de 17.30 a 21.30 horas, mentres que o domingo 10 tan só será pola mañá -de 10 a 13.30 horas-. Pola súa beira, a partir do mércores 13 de agosto, a piscina climatizada adoptará o seu horario habitual, de 8 a 12 horas pola mañá e de 17.30 a 21.30 horas pola tarde, de martes a venres.

En canto aos sábados e aos domingos, abre pola mañá de 10 a 13 horas.

Así mesmo, a partir do luns 11 de outubro, todas as persoas interesadas que queiran solicitar a alta ou que queiran renovar a que xa está pagada, deberán acudir ao Concello para recoller o carné, así coma para anotarse aos cursos ou renovar os que estaban a realizar.

No caso dos cursos, comezarán o martes día 19 de outubro, nos horarios que existían anteriormente. Así pois, para máis información pódese chamar ao número 982 535 000 ou na páxina web do Concello de Sarria.

0.088161945343018