Sarria abre o prazo de matrícula para o programa UNED Sénior 2025–2026 para maiores de 55 anos

SarriaXa
A iniciativa formativa, sen requisitos académicos previos, ofertará 25 prazas cun custo de 50 euros por materia
Uned-senior-Sarria
19 Feb 2026

Sarria acollerá unha nova edición do programa UNED Sénior para o curso 2025–2026, unha proposta formativa orientada a persoas maiores de 55 anos que desexen continuar ampliando coñecementos e compartir experiencias nun entorno académico accesible e participativo. A iniciativa, que non require titulación previa, busca fomentar a aprendizaxe ao longo da vida e promover a participación activa deste colectivo.

O prazo de matrícula permanecerá aberto do 20 de febreiro ao 20 de marzo de 2026, mentres que o inicio das clases está previsto para a semana do 23 ao 27 de febreiro de 2026. O curso desenvolverase ata o mes de xuño dese mesmo ano. As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición de maneira presencial na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poderán recibir información adicional sobre o programa.

A oferta contempla un máximo de 25 prazas e un prezo de 50 euros por cada materia matriculada. No segundo cuadrimestre impartiranse dúas propostas formativas en Sarria. Por unha banda, “Inglés para viaxar”, que terá lugar os martes de 17:00 a 19:00 horas e será impartida pola profesora María Consuelo Santiago Gómez. Por outra, “Tertulias literarias”, que se celebrará os xoves de 17:00 a 19:00 horas baixo a dirección da profesora Mª Esther Dapena Leiva.

⚙ Configurar cookies
0.08456015586853