Sarria acada dúas Flores de Honra no Vilas en Flor polas súas paisaxes

SarriaXa
Sarria acada dúas Flores de Honra no Vilas en Flor polas súas paisaxes naturais vinculadas aos ríos Sarria e Celeiro
Sarria paisaxe
18 Mar 2023

O certame Vilas en Flor homenaxeou ao Concello de Sarria con dúas Flores de Honra.

Esta iniciativa está organizada pola Asociación de Viveristas del Noroeste (ASVINOR), a Asociación de Empresas de Xardinería de Galicia (AGAEXAR); e a Fundación Juana de Vega.

Desde Vilas en Flor defenden que o Concello de Sarria acadou este recoñecemento debido a que “destacan as paraxes naturais vinculadas aos ríos Sarria e Celeiro, así como os labores de mantemento, substitución de papeleiras por puntos de reciclaxe e educación cidadá sobre o coidada dos espazos verdes.

0.092878103256226