Sarria acolle a exposición itinerante 'Enredado na miña cabeza' na Antiga Prisión Preventiva ata o 15 de abril

SarriaXa
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, sede da Oficina Municipal de Turismo de Sarria, acolle a exposición itinerante 'Enredado na miña cabeza', baseada en pezas de cabeza actuais das Forzas Armadas e a Garda Civil.
exposición enredado en mi cabeza Sarria nenos
6 Abr 2024

A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, sede da Oficina Municipal de Turismo de Sarria, acolle a exposición itinerante 'Enredado na miña cabeza', baseada en pezas de cabeza actuais das Forzas Armadas e a Garda Civil.

A exposición, propiedade do tenente na reserva D. Julio César Presencio Peña, poderá visitarse ata o vindeiro 15 de abril, e nela poderanse ver pezas particulares de máximos responsables dos Exércitos, Armada e Garda Civil, pero tamén de moitas persoas anónimas tanto civís como militares, polo que é unha exposición única en toda España.

Así, conta con máis de 200 pezas e vai acompañada de manequíns que falan da nosa historia e tradicións. "Poderemos descubrir curiosidades como de onde proceden expresións como 'mandar á porra', 'botar con caixas destempladas', cal é a unidade militar máis antiga de Europa, así como decenas de datos históricos", explican desde o Goberno local.

0.15484881401062