Sarria acolle a inauguración da exposición 'Cobras' este sábado

A Asociación Cultural Huhú de Sarria organiza este sábado 29 de marzo a inauguración da exposición COBRAS, unha mostra que presenta traballos xenerados de xeito colaborativo polos artistas Misha Bies Golas e Diego Vites durante a súa residencia artística nas instalacións de Viarco, en Portugal.
A exposición conta ademais coas achegas da artista Manuela Pereira, quen contribuirá cunha peza de vídeo, e de Vanda Madureira, que sumará o seu talento a través dun texto.
O evento, que terá lugar na Sede Núcleo Difusor de Arte Contemporánea, estará amenizado por Dj Bicha, quen se encargará de poñer ritmo á xornada, e haberá sorpresas para os asistentes.
A inauguración de COBRAS promete ser unha cita imperdible para os amantes da arte contemporánea e a creación colaborativa.