Sarria acolle a presentación do libro 'Memoria de sombra y bosque' de Estefanía Padullés

A Sarria acollerá o vindeiro venres 6 de marzo ás 20:00 horas a presentación do libro Memoria de sombra y bosque, obra da escritora Estefanía Padullés. O acto terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar e está organizado coa colaboración da editorial Hércules de Ediciones e do Concello de Sarria.
Durante a presentación participará a propia autora, que estará acompañada por Xosé Lois Gutiérrez Faílde, editor de Alaunda Negra. Tamén intervirán César No , responsable da área de Acción Cultural, Xuventude e Política Lingüística do Concello de Sarria; Ana Isabel Vergara López, responsable da área de Políticas Sociais, Igualdade, Saúde, Emprego e Emprendemento Social do mesmo concello; e Miriam Alonso Domínguez, responsable da Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar.
O encontro servirá para dar a coñecer ao público esta nova publicación literaria e ofrecer unha aproximación á obra e ao proceso creativo da autora, nun acto aberto á cidadanía que pretende converterse nun espazo de diálogo arredor da literatura e da creación contemporánea.