Sarria acolle a presentación do libro 'Pedro, o piloto de gaivotas' e un obradoiro inclusivo

SarriaXa
O luns 20 de novembro a casa da cultura de Sarria acolle a presentación do libro 'Pedro, o piloto de gaivotas'.
Casa da Cultura Sarria
16 Nov 2023

O luns 20 de novembro a casa da cultura de Sarria acolle a presentación do libro 'Pedro, o piloto de gaivotas'. A cita na que se dará a coñecer a obra inspirada en Pedro Darriba Gómez, sarriao de 3 anos con discapacidade, comezará ás 18.30 horas.

No acto estarán o autor, Manuel Darriba, a ilustradora, Aida Alonso, e a editora, Edurne Baines. Aida Aloso impartirá un obradoiro de ilustración inclusivo ao que están convidados todos os nenos e nenas, independentemente das súas capacidades.

O evento, que tamén está apoiado pola Anpa Fre Luis de Granada, é de carácter gratuíto.

presentacion_pedro_piloto_de_gaivotas_sarria
0.18923211097717