Sarria acolle a presenza da oficina móbil do programa Acelera Peme da Deputación de Lugo
SarriaXa
A oficina móbil do programa Acelera Peme da Deputación de Lugo visitará Sarria a partir das 12.
21 Nov 2023
A oficina móbil do programa Acelera Peme da Deputación de Lugo visitará Sarria a partir das 12.30 horas para informar dos servizos gratuítos que ofrece.
Concretamente, estará localizada na Rúa da Liberdade nº 109, a onde se poderán achegar todas as persoas interesadas en saber máis sobre este servizo.
Así, as persoas autónomos ou propietarias dunha pequena ou mediana empresa e crean necesitar axuda para impulsar a dixitalización do teu negocio, poderán achegarse e contar co asesoramento personalizado dos dinamizadores dixitais.