Sarria acolle aos mellores magos na 17 edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Sarria acolle aos mellores magos na 17 edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, do 18 ao 21 de agosto
maxia sarria portada
16 Ago 2022

O evento que se celebrará entre o xoves e o domingo desta semana, reunirá a 24 ilusionistas que levarán os seus espectáculos a distintos puntos da vila.

Unha nova edición deste festival onde tanto nenos como maiores poderán desfrutar coas actuacións de máis dunha ducia de magos e ilusionistas que se darán cita en Sarria dende o xoves 18 de agosto e ata o domingo 21.

Os espectáculos terán lugar en espazos como a Casa da Cultura ou a praza da Vila.

O programa do XVII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria comezará a súa andadura ás 16.15 horas cun espectáculo de maxia que terá lugar o xoves 18 na residencia de maiores e posteriormente no paseo do Malecón, ás 17.45 horas, haberá maxia infantil a cargo de 'Edu, el mago'. Este mesmo día, os actos rematarán ás 22.30 horas coa gala inaugural 'Sarria é maxia'.

Para o venres hai previstas varias actuacións e unha conferencia para magos, o sábado os eventos rematarán ás 01.00 horas da madrugada co 'Open Magic' e xa o domingo, dende ben cedo, terá lugar un espectáculo de maxia infantil ás 12.00 horas, a sesión vermú nas terrazas do Malecón, unha gala final e como colofón, ás 22.30 horas a gran gala final na praza da vila.

maxia sarria
0.14816379547119