Sarria acolle este martes unha xornada sobre seguridade cidadá

SarriaXa
O Concello de Sarria acolle este martes unha xornada na que se abordan os diferentes sobre os mecanismos de coordinación e colaboración en materia de seguridade pública.
Casa da Cultura Sarria
31 Oct 2023

O Concello de Sarria acolle este martes unha xornada na que se abordan os diferentes sobre os mecanismos de coordinación e colaboración en materia de seguridade pública.  Deste xeito, realízanse diferentes coloquios, entre eles unh sobre o nivel de alerta IV antiterrorista.

Ademais, nesta cita organizada na Casa da Cultura tamén se tratou a colaboración entre os membros da Garda Civil e a Policía Local e a colaboración entre o corpo policial e o xudicial.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Julio J. González Chas e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido López participaron na I xornada de colaboración de policías locais da provincia de Lugo e da Garda Civil.

0.14741516113281