Sarria acolle este xoves unha unidade móbil para a doazón de sangue

SarriaXa
O concello de Sarria acolle este xoves día 22 unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, para a doazón de sangue
doar sangue portada
20 sep 2022

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase ao concello de Sarria o vindeiro día 22. Estará situada como é habitual na rúa Calvo Sotelo, na intersección co paseo do Malecón e atenderá aos donantes en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

ADOS lembra que os centros sanitarios de Galicia precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para chegar a desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais son imprescindibles os compoñentes sanguíneos e é por isto, que se incide en que en determinadas épocas do año ao baixar o número de doazóns, precísase maior demanda de sangue e dos seus derivados para os centros sanitarios.

Para facilitar a doazón, as unidades móbiles de ADOS visitan numerosos concellos galegos para garantir o desenvolvemento do gran labor asistencial dos centros sanitarios de Galicia. E este xoves 22 estarán en Sarria.

doar sangue
0.17691707611084