Sarria acolle no día de mañá un acto sobre a figura de Lois Pereiro

Este pasado luns fixo 25 anos do pasamento do poeta Lois Pereiro, que, hai tamén dez anos, foi homenaxeado no día das Letras Galegas. Coincidindo con estas datas o Ateneo Casino de Monforte organizou varios actos. Un deles é este acto expansivo que sobre a figura deste poeta vaise celebrar en varios puntos da xeografía galega o mesmo día e á mesma hora, o 5 de xuño, ás 12.30.
En Sarria a organización do acto corre a cargo da biblioteca Fiz Vergara Vilariño e de Radio Bolboreta do IES Gregorio Fernández e terá lugar na Casa da Cultura.