Sarria acolle o 8º Slalom Concello de Sarria o vindeiro 26 de outubro

SarriaXa
A proba, que espera contar cuns 50 pilotos que loitarán por gañar a penúltima proba do calendario galego, realizarase no campo da feira
Slalom-Concello-de-Sarria-2024
18 Oct 2024

O campionato galego de Slalom ten a penúltima proba este ano en Sarria, que se celebrará como a oitava edición do Slalom Concello de Sarria. Está organizada pola escudería Sarria Motor coa colaboración do Concello de Sarria e terá lugar o vindeiro 26 de outubro.

A proba, que espera contar cuns 50 pilotos que loitarán por gañar a penúltima proba do calendario galego, realizarase no campo da feira a partir das 10.30 horas e ata as 20.00 horas, e nela decidirase o subcampionato de Slalom.

O parque de asistencia estará situado na rúa Conde de Lemos, polo que estará pechada ao tráfico; mentres que o parque pechado onde se entregarán os trofeos será a Praza da Vila. Ademais, a Policía Local establecerá un dispositivo indicando as rúas cortadas, así como as alternativas.

Desde a área de Deportes do Concello de Sarria animan a todos os veciños e veciñas a “gozar do motor e acudir ao campo da feira para ver e  animar a todos os equipos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18089389801025