Sarria acolle o Circuito Galego de Teatro Amador con entrada de balde

O Concello de Sarria, en colaboración con Rebuldeira Teatro, promove o Circuito Galego de Teatro Amador, que se prolongará ata o domingo 16 de novembro.
Todas as funcións comezarán ás 20.00 horas e a entrada será de balde ata completar o aforo, permitindo ao público desfrutar de distintas obras de grupos amateurs galegos.
A primeira actuación tivo lugar o 26 de outubro coa asociación cultural Charamela e a súa obra 'E parecía parvo!'. A seguinte cita será o 2 de novembro, cando Falcatrueiros de Monterroso presentará 'Clownoedipus'. O 9 de novembro será a quenda de Teatro do Ar coa obra 'Seca', mentres que o 16 de novembro pechará o ciclo Rebuldeira Teatro con 'Vermello'.
Esta programación busca fomentar o teatro amador e achegar distintas propostas culturais á veciñanza de Sarria.