Sarria acolle un faladoiro sobre o traxe tradicional galego organizado por Peleriños
SarriaXa
O faladoiro terá lugar o sábado 23 de febreiro de 2025, ás 16.30 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Sarria

14 Feb 2025
A Asociación Cultural Peleriños de Sarria organiza un faladoiro sobre o traxe tradicional galego, impartido por Ana Nogareda Mato, co obxectivo de resolver dúbidas e afondar no coñecemento da indumentaria tradicional de Galicia.
Este encontro será unha oportunidade única para aquelas persoas interesadas en confeccionar o seu propio traxe ou en coñecer máis sobre a nosa cultura textil.
O faladoiro terá lugar o sábado 23 de febreiro de 2025, ás 16.30 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Sarria (entrada polo lado da escola infantil). A actividade está aberta a toda a cidadanía e será de balde.