Sarria acolle un novo curso de competencias dixitais para persoas en situación de desemprego

SarriaXa
Este curso estrutúrase en tres itinerarios: básico, intermedio e avanzado, adaptándose ás necesidades de cada participante
Casa-da-Cultura-Sarria
4 Dec 2024

Desde o Goberno local de Sarria anuncian que se porá en marcha un novo curso de competencias dixitais dirixido tanto a mulleres como a homes en situación de desemprego, que se desenvolverá na aula Cemit da Casa da Cultura.

Este curso estrutúrase en tres itinerarios: básico, intermedio e avanzado, adaptándose ás necesidades de cada participante. Cada itinerario conta con 5 módulos de 40 horas cada un e cada itinerario suma 200 horas, co que a duración total do curso será de 600 horas se completas os tres itinerarios.

Ademais, inclúe un día de igualdade e outro para recuperación en cada módulo, garantindo así unha asistencia do 100 %, obrigatoria para obter a aptitude.

O inicio do módulo 1 será o 12 de decembro e durará ata o 30 de febreiro; mentres que o módulo 2 será do 6 de marzo ao 23 de maio; e finalmente, o módulo avanzado, será do 8 de setembro ao 14 de novembro de 2025; todos en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Para inscrición e máis información, haberá que contactar no 698 197 518 ou en gestion1@beproject.es. As persoas que superen favorablemente este curso, recibirán como agasallo unha computadora portátil.

0.11433911323547