Sarria acolle un seminario para maiores de 50 anos este verán

SarriaXa
Chega a Sarria o seminario Camiños de Coñecemento e Experiencia, un evento que está dirixido a persoas maiores de 50 anos.
castro formigueiros Sarria
24 May 2021

Chega a Sarria o seminario Camiños de Coñecemento e Experiencia, un evento que está dirixido a persoas maiores de 50 anos e que se celebrará entre os días 1 e 9 de xullo. As xornadas estarán compostas nuns días dunha parte máis teórica e noutros de rutas e excursións feitas pola contorna de Sarria nas que se poderán ver representados os coñecementos adquiridos.

O día 1 a xornada comezará ás 16:30 horas e participará a doutora en arte medieval Carolina Casal que falará sobre o patrimonio cultural de Sarria. No día 3, poderase ver a teoría máis exemplificada grazas á visita ao castro de Formigueiros e as mámoas de Santa Mariña. Outros temas que se tratarán no seminario serán sobre botánica forestal e sobre personaxes históricos.

O seminario realizarase na biblioteca pública Camilo Gonsar e está organizado polo programa IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e pode levarse a cabo no correo electrónico omix@sarria.es ou na propia biblioteca pública.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.079287052154541