Sarria acolle unha ampla programación cultural durante o mes de novembro

SarriaXa
Para este domingo, 3 de novembro, está programada unha actividade teatral para as 20.00 horas coa obra ‘Munuwa’ de Porta Aberta no marco do ciclo de teatro
público-teatro-Casa-da-Cultura-de-Sarria
2 Nov 2024

O Concello de Sarria informa da axenda cultural da vila durante o mes de novembro, que comezou este xoves, 31 de outubro co cine infantil polo Samaín e o venres 1 coa sesión de contacontos.

Para este domingo, 3 de novembro, está programada unha actividade teatral para as 20.00 horas coa obra ‘Munuwa’ de Porta Aberta no marco do ciclo de teatro.

A seguinte semana, o día 9, terá lugar o Festival San Martiño e Louseiro e o día 10 terá lugar a representación teatral ‘Asesinato en Brooke Manor’ de Falcatrueiros de Monterroso.

Os días 11 e 12 a Casa da Cultura acollerá a exposición de cogomelos realizada nas Xornadas Micolóxicas da Asociación A Muiñeira e o día 15 presentarase o libro ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’, tamén na Casa da Cultura.

Pola súa parte, o día 17 rematará o ciclo teatral Fegatea coa obra de Rebuldeira Teatro, ‘Os vellos non deben namorarse’.

O 23 de novembro terá lugar o concerto de Santa Cecilia na Igrexa do Rosario ás 20.00 horas e o día 24 haberá un obradoiro de Arte Colaborativa 25N ás 17.00 horas, mentres que ás 20.00 horas terá lugar a proxección do filme ‘Madame Curie’.

Finalmente, o día 30 de novembro a Casa da Cultura acollerá a proxección ‘Los mundos de Coraline’ e o 1 de decembro volverá o teatro coa representación de ‘A pousada do tru-tru’ de Desfeita Teatro.

0.17702102661133