Sarria acolle unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago

SarriaXa
O concello de Sarria acolle unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago cun total de 12 fotos que durará ata o 22 de outubro
peregrinos sarria lugo2
3 Oct 2022

A Oficina Municipal de Turismo de Sarria acollerá neste mes de outubro a exposición fotográfica Miradas Peregrinas, sobre o Camiño de Santiago.

Tódolos interesados poderán visitar a mostra situada na Avenida da Mercé número 8, dende hoxe e ata o día 22 e en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas.

O obxectivo principal das fotografías que compoñen esta iniciativa é reflectir a diversidade natural, patrimonial e humana do Camiño de Santiago, a través da mirada dos propios peregrinos.

Ese é o obxectivo co que nace a exposición fotográfica Miradas Peregrinas, unha mostra formada por doce fotografías coas que ofrecer unha visión caleidoscópica dos Roteiros Xacobeos.

Con motivo do Ano Santo Compostelán e a celebración do Xacobeo 2021-2022, esta exposición percorrerá diferentes puntos do Camiño de Santiago ao longo deste ano e o próximo grazas á colaboración coa Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS).

Din que hai tantos Camiños coma peregrinos e o Camiño de Santiago está cheo de momentos únicos, de lugares inesquecibles, de etapas para o recordo. E iso é precisamente o que reflicte esta exposición que recolle algunhas das mellores imaxes presentadas ao concurso fotográfico que Correos organiza cada verán.

As paisaxes costeiras do Camiño do Norte mestúranse coas brumas do Camiño Francés navarro. O misticismo da Catedral de Santiago coa emoción da chegada ao Obradoiro ou a hospitalidade das persoas que habitan o Camiño de Santiago. E o patrimonio artístico e cultural con esas paisaxes únicas e esa riqueza natural que envolve ao peregrino a cada paso. Unha amalgama de persoas, paisaxes, sentimentos e sensacións que fan do Camiño de Santiago unha vivencia inesquecible.

As fotografías que compoñen esta exposición percorren Roncesvalles (Camiño Francés), Celorio (Camiño Primitivo), o Camiño Sanabrés, a etapa Ponte a Raíña – Estella (Camiño Francés), o Camiño Francés ao seu paso por Logroño, a Catedral de Burgos, o faro de Fisterra (Camiño a Fisterra e Muxía), a etapa Sarria-Triacastela (Camiño Francés) ou a Catedral de Santiago de Compostela, entre outros  lugares.

A exposición viaxará por Burgos, A Rioxa, Aragón, Asturias, Navarra, León, Palencia e Madrid.

peregrinos sarria lugo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.091153860092163