Sarria acolle unha nova sesión dos Simposios Salvaxes na Biblioteca Pública Camilo Gonsar

SarriaXa
Belén Fernández Gayoso, Chechu Quiñoá e Rocío Peccatiello compartirán o seu proceso creativo nun encontro moderado por Xosé Lois G. Faílde
Biblioteca-Sarria
24 Nov 2025

A Biblioteca Pública Camilo Gonsar será este mércores 26, ás 20:00 horas, o escenario dunha nova sesión dos Simposios Salvaxes, o ciclo cultural que busca aproximar á veciñanza o proceso creativo de diferentes artistas da vila. A iniciativa continúa así a súa aposta por abrir un espazo de reflexión, diálogo e intercambio arredor das artes escénicas, musicais e visuais.

Nesta ocasión, participan a bailarina e presidenta de Meigas e Trasgos, Belén Fernández Gayoso; o músico e xestor “contracultural” Chechu Quiñoá; e a actriz e presidenta de Rebuldeira Teatro, Rocío Peccatiello, quen exporán as súas experiencias, metodoloxías e visións sobre a creación artística desde ámbitos diversos.

As intervencións estarán moderadas polo fotógrafo e docente Xosé Lois G. Faílde, encargado de conducir unha conversa que se caracteriza polo seu ton desenfadado e crítico. A sesión pretende fomentar a proximidade co público e ofrecer unha mirada singular ás dinámicas creativas que se desenvolven no tecido cultural de Sarria.

⚙ Configurar cookies
0.067641019821167