Sarria acollerá a xornada 'O sector bovino de carne perante o reto do cambio climático' de Fruga

SarriaXa
Nesta xornada, porase en perspectiva local as liñas estratéxicas da Comisión Europea Lugo na Casa da Cultura de Sarria
Casa-da-Cultura-Sarria
6 Nov 2024

A Federación Rural Galega (Fruga) organiza unha xornada en Sarria sobre os retos que supón o cambio climático, que terá lugar este xoves, 7 de novembro, e que conta co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Nesta xornada, porase en perspectiva local as liñas estratéxicas da Comisión Europea Lugo na Casa da Cultura de Sarria baixo o nome de 'O sector bovino de carne perante o reto do cambio climático'.

Nela, abordarase co sector gandeiro o escenario que debuxa o marco europeo en relación co sustentabilidade e a rendibilidade das producións agrarias e gandeiras.

Trataranse así cuestións que pon sobre a mesa o coñecido como 'Diálogo Estratéxico sobre o futuro da agricultura da Unión Europea', que sinala como principais retos o futuro do sistema alimentar europeo, a incorporación da tecnoloxía e da innovación e a preservación dos límites da natureza.

Programa da iniciativa

A participación na xornada, que se desenvolverá ao longo da mañá, é aberta. Ademais, esta acción formativa terá continuidade o 17 de novembro en Chantada cunha xornada dedicada ao sector vitícola na Ribeira Sacra na que se analizará a crise de produción, comercialización e consumo, a aplicación de produtos fitosanitarios e a súa influencia sobre o entorno social e medioambiental eou o papel dos consellos reguladores.

  • De 10.00 a 10.20. Chegada, recepción participantes e presentación
  • De 10.30 a 11.30 horas. Palestra: O papel do Consello Regulador de Vitela Galega
  • De 11.30 horas a 12.30 horas. Palestra: Como abordar os retos da sanidade animal no contexto da mudanza climática
  • De 12.30 a 13.00. Palestra. Modelo produtivo para as explotacións extensivas de bovino de carne

 

0.18465805053711