Sarria acollerá este verán un novo festival de música afroamericana
Sarria acollerá este verán un novo festival de música afroamericana, terá lugar desde o día 4 de agosto ata o 7 e, está organizado pola asociación Teixo e o Concello de Sarria. A música protagonista desta cita será do xénero blues, rhyth, and blus, rock&roll e soul. Ademais, durante estes días tamén se levarán a cabo exposicións, baile, actividades infantís, conferencias, actividades gastronómicas, cine, etc.
Esta iniciativa co nome Sarria&Blues no Camiño nace despois de que o pasado agosto se celebrara unha homenaxe ao artista sarriao Matías Moreno.
A Feculera será o lugar onde se celebre a actividade central, o concerto principal levando o nome de Matías Moreno Experience isto servirá como mostra de respecto e admiración a aqueles viaxeiros que xa non están.
A celebración desta cita ten como obxectivo a súa consolidación e a posta en valor da Feculera, un lugar que o Concello quere reforzar como sitio de cultura e ocio da vila.
Os organizadores da asociación Teixo afirmaron que este festival encherán de vida toda a vila xa que tamén se levarán a cabo actividades no local social da Unión, na residencia de maiores, na rúa da música, no campo da feira, entre outros.
Aínda non hai bandas confirmadas, porén, Manuel L. Poy, da asociación afirmou que chegarán artistas internacionais e nacionais, dende Estados Unidos, Francia ata Madrid e Barcelona. Sen esquecer aos artistas sarriaos que son os que dan vida á vila durante todo o ano, polo que terán gran protagonismo nesta festividade.