Sarria acollerá este xoves a presentación de 'Parhelio' de Xosé Luís Mosquera Camba

SarriaXa
Sarria acogerá este jueves 17 de marzo la obra Parhelia de Xosé Luís Mosquera Camba ganadora del premio Fiz Vergara Vilariño.
presentacion parhelio sarria
15 Mar 2022

Este xoves 17 de marzo a Casa da Cultura de Sarria acollerá a presentación de Parhelio de Xosé Luís Mosquera Camba, gañador do XX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O acto comezará ás 19.00 horas.

A vixésima edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño tivo un total de 84 obras presentadas. O galardón está convocado polo Concello e a agrupación cultural Ergueitas. A XX edición estivo marcada pola pandemia xa que a convocatoria atrasouse respecto a súa data habitual.

O gañador do certame recibiu 6.000 euros e a súa obra publicouse a través da editorial Espiral Maior, este traballo publicado será o que se presente este xoves.

O xurado, acordou por unanimidade xa que a obra gañadora destaca pola súa coherencia interna, mesturando diferentes xéneros e referencias.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13909697532654