Sarria acollerá o II Encontro Máxico Rural en abril, organizado por Roberto Lolo e o Concello

O mago sarriao Roberto Lolo anunciou que en abril terá lugar o II Encontro Máxico Rural de Sarria, un evento organizado en colaboración co Concello de Sarria.
Despois do éxito rotundo da súa primeira edición, celebrada o pasado 18 e 19 de maio de 2024, Lolo asegura que a resposta do público foi “incrible” e superou todas as expectativas.
O primeiro Encontro Máxico Rural tivo lugar en varias parroquias de Sarria, comezando o sábado na parroquia de San Pedro de Foián, onde actuaron os magos MagAldara e Samuel Moreno. A xornada continuou en Louseiro, con actuacións de MagAldara e Roberto Lolo, e rematou en Vilamaior, onde Samuel Moreno e Roberto Lolo ofrecéronse ao público unha dose de maxia.
O domingo as actuacións continuaron en outras parroquias. Corvelle foi a sede para o Mago Iago e Samuel Moreno, mentres que en Vilapedre, Román García e Mago Iago encantaron aos asistentes. O evento pechouse en Oural cun espectáculo máxico de Roberto Lolo e Román García.
Aínda que os detalles do II Encontro Máxico Rural de Sarria, como as parroquias e os artistas participantes, non se desvelaron oficialmente, Roberto Lolo anima á cidadanía a estar atenta ás próximas comunicacións para descubrir toda a información sobre o evento que promete continuar facendo historia na localidade.