Sarria acollerá o vindeiro 12 de outubro a Festa do Rosario
SarriaXa
Contará coa participación do Coro Sarricanta, a Banda de Música de Sarria e a Louband
20 sep 2024
O vindeiro 12 de outubro celébrase a Festa do Rosario, que conta co apoio do Concello de Sarria, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Desta maneira, a festa comezará coa misa solemne ás 12.00 horas coa participación do Coro Sarricanta e, despois, terá lugar a procesión e sesión vermú da man da Banda de Música de Sarria.
Logo, será o momento da comida popular e, pola tarde, haberá sorteos e actividades infantís. Finalmente, o día rematará coa festa a cargo da banda Louband a partir das 22.00 horas e despois será a quenda de Dj Marcos OM.