Sarria acollerá un obradoiro de enfiaado de colares ao xeito tradicional na Casa da Cultura

SarriaXa
A actividade, organizada pola asociación Peleriños, estará impartida por Ana Nogareda Mato e terá lugar o 11 de abril
1-coser-fios-textil
16 Mar 2026

A asociación Peleriños de Sarria organiza un obradoiro de enfiaado de colares ao xeito tradicional que se celebrará o sábado 11 de abril na Casa da Cultura da localidade. A iniciativa estará impartida por Ana Nogareda Mato, integrante do proxecto Na Ristra, e pretende achegar aos participantes as técnicas tradicionais de elaboración deste tipo de pezas de artesanía.

A actividade desenvolverase en dúas sesións ao longo da xornada. A primeira terá lugar de 12:00 a 14:00 horas e a segunda de 16:00 a 18:30 horas, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man o proceso de elaboración e as particularidades deste traballo artesanal.

Desde a organización destacan que o obradoiro busca fomentar a conservación e transmisión das técnicas tradicionais vinculadas á artesanía e á cultura popular, ao tempo que ofrece unha oportunidade para aprender e experimentar cunha práctica que forma parte do patrimonio cultural.

As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición a través do teléfono 693 299 292. O prazo límite para anotarse remata o 23 de marzo.

0.11315703392029