Sarria acolleu a Copa Deputación de Taekwondo

SarriaXa
Deportistas e familias reuníronse nunha xornada chea de entusiasmo e competición
Copa-Deputación-de-Taekwondo-Sarria-25
16 Nov 2025

O Pavillón Novo da Rúa Castelao encheuse de deportistas e familias nunha xornada chea de enerxía, deporte e bo ambiente.

O campionato, organizado polo AC Taekwondo en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e co Concello de Sarria, converteuse unha vez máis nun dos encontros deportivos máis esperados do ano.

O club foi recoñecido polo seu enorme traballo e compromiso, así como polo esforzo de todas as persoas que fixeron posible o éxito deste evento.

Este ano participaron 89 deportistas, a cifra máis alta da historia do club, demostrando unha vez máis o excelente nivel e a gran canteira de talentos da vila.

⚙ Configurar cookies
0.06633186340332