Sarria acolleu o Corpus Christi, que encheu as rúas de alfombras florais xigantes
Sarria acolleu a celebración do Corpus Christi, na que se expuxeron as diferentes alfombras florais elaboradas por varias entidades sociais sarriás na rúa Maior, desde a Igrexa de Santa Mariña ata a Igrexa de San Salvador, pasando por elas a procesión.
Desde o Concello de Sarria destacan que a elaboración das alfombras "é un traballo duro e arduo, pero reconfortante, no que toda persoa que queira axudar, é ben recibida, incluso os peregrinos".
Pola súa parte, desde a Banda de Música de Sarria, que actuou neste evento tradicional, defenden que "se xunta a tradición con agrupacións centenarias, un día no que podemos desfrutar todos os veciños do grandísimo traballo de diferentes colectivos e voluntarios que se pasan días preparando este evento, e no que traballan toda a madrugada sen descanso".