Sarria acolleu o Día da Xuventude con 20 actividades diferentes a gratuítas para os máis novos
SarriaXa
Sarria acolleu o Día da Xuventude con 20 actividades diferentes a gratuítas para os máis novos, como unha entrevista de traballo
12 Feb 2023
O Concello de Sarria acolleu este sábado o Día da Xuventude organizado por Xuventude Galicia.
A área recreativa do Chanto foi o lugar elexido para desenvolver esta iniciativa na que ducias de mozos desfrutaron de 20 actividades diferentes e gratuítas como xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada; talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe; talleres de grafiti ou dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou a abordaxe dunha entrevista de traballo.
Este día estivo representado polo Concello de Sarria a través da concelleira Mª Eugenial Valcárcel.