Sarria acolleu o III mercado solidario Malicounda Teranga con artesanía, actividades e música

SarriaXa
O mercado solidario estivo formado por casetas de roupa, libros, complementos, xoguetes de segunda man doados á ONG e artesanía de Senegal traída da última viaxe solidaria
mercado-solidario-Malicounda-Teranga
3 Xuño 2024

Sarria acolleu o pasado 2 de xuño o III mercado solidario Malicounda Teranga, organizado polo colectivo Hospitaleros Sin Fronteras na Praza de Santa Mariña, onde houbo activades infantís, un mercado de artesanía senegalesa de segunda man, gastronomía de Senegal e música entre as 12.00 e as 21.00 horas.

O mercado solidario estivo formado por casetas de roupa, libros, complementos, xoguetes de segunda man doados á ONG e artesanía de Senegal traída da última viaxe solidaria, da que forman parte teas africanas, bolsos, carteiras, cestería e obxectos de decoración de madeira…

Ademais, durante a xornada, o máis pequenos puideron gozar de actividades infantís diversas a partir das 16.00 horas, como pintacaras, un taller de máscaras e un de pintura impartidos por Creartecendo.

Durante a sesión vermú, de 13.00 a 14.30 horas, a música correu a cargo dos sarriáns Malditos Roedores, con temas soul, rock, blues, swing e jazz; e tamén o selector sarrián Jor Ginho.

Ademais de bailar, os asistentes puideron degustar unha tapa de Yassa Poulet, un prato tradicional senegalés cuxa base é o arroz e o pito, pero que garda o seu secreto particular no proceso de elaboración, xunto coa empanada senegalesa.

O broche final púxoo o grupo Batuko Tabanka, formado por mulleres caboverdianas afincadas na Mariña, unha formación paradigma de dous pobos, Cabo Verde e Galicia, separados por case 3.500 quilómetros, pero que a pesar de ser dúas culturas tan diferentes, comparten un mesmo océano e moitas coincidencias.

Orixe do evento

O evento foi bautizado co nome de ‘Malicounda Teranga’, xa que Senegal se caracteriza pola teranga da súa xente; unha hospitalidade única que non atende a etnias e que mantén un forte sentimento de pertenza á súa comunidade, tolerándose e respectándose nunha convivencia diaria exemplar.

Malicounda fai referencia a unha das rexións na que a ONG coopera e onde traballa na actualidade na construción dun centro no que poder instalarse e que albergue á súa vez aulas e unha enfermería.

Hospitaleros sin Fronteras contou tamén cunha caseta onde explicará o seu traballo no país africano e a súa loita pola defensa e a protección dos nenos talibé, labor que leva realizando desde o 2015.

0.12953996658325