Sarria acolleu un curso de primeiros auxilios destinado a axentes da Policía Local

SarriaXa
O concelleiro de Seguridade e Emerxencias, Félix Seijas, declarou que "é imprescindible que o persoal de seguridade estea formado en materia de primeiros auxilios"
curso-primeiros-auxilios-Sarria
10 Xuño 2024

Axentes da Policía Local de Sarria completaron un curso de primeiros auxilios no que lembraron e practicaron a reanimación cardiopulmonar (RCP), a manobra de Heimlich, o uso do DESA (desfibrilador externo semiautomático, que foi incorporado a un vehículo patrulla), intervencións en accidentes de tráfico e outras situacións de auxilio nas que adoitan intervir.

Ese mesmo día, axentes que asistían ao curso recibiron unha chamada do 112 para acudir a un auxilio, podendo colaborar activamente cos equipos sanitarios que se atopaban no lugar.

O concelleiro de Seguridade e Emerxencias, Félix Seijas, declarou que "é imprescindible que o persoal de seguridade estea formado en materia de primeiros auxilios, é importante saber reaccionar ante calquera situación de emerxencia. O feito de continuar sempre actualizados e formados garante unha atención eficaz nestas situacións e pode salvar vidas en moitos casos".

0.163654088974